Bota a andar en Santiago a oitava edición do festival herDanza
02/09/2024 Do 2 ao 7 de setembro, o Festival de danza contemporánea en espazos herdados de Compostela -herDanza programa un amplo abano de actividades para gozar das artes do movemento en escenarios singulares da cidade. Organizado por Can Cun Quinqué, o festival conta co apoio do Concello de Santiago e de entidades como o Museo do Pobo Galego, o CGAC ou o Instituto Francés. Conxugar a dinamización e promoción da danza contemporánea coa aposta polos traballos de creadoras e creadores […]