Lisdexia: dez anos facendo bailar Galicia entre garage, punk e retranca
Onda Chicha acolleu a visita de Lisdexia, o grupo muradán que leva xa unha década facendo da festa e da enerxía o seu sinal de identidade. “Somos unha banda de amigos; o máis importante para nós sempre foi pasalo ben”, resumía Frani, un dos seus membros, durante a entrevista. Formados en 2016, o quinteto —Javi, Fran, Frani, Chema e Antón— continúa a consolidar un proxecto que, sen perder o humor nin a retranca, defende con forza o punk galego máis […]