Luar na Lubre pechará os actos da XXXII Festa do Melindre de Melide
A vila de Melide prepara os seus fogóns e os seus postos de repostería para acoller nos días 11 e 12 de maio a esperada XXXII Festa do Melindre, un evento que, declarado de Interese Turístico Galego, promete envolver a localidade nun ambiente doce e festivo. Durante este fin de semana gastronómico, os asistentes terán a oportunidade de deleitarse coa exquisita repostería tradicional de Melide e da súa contorna. O protagonista indiscutible será o melindre, acompañado dos ricos e dos […]