Aberto o prazo para inscribirse na quenda de primavera de dous obradoiros de acollemento lingüístico
27/02/2024.- O próximo 18 de marzo comeza unha nova quenda dos obradoiros de acollemento lingüístico organizados polo Departamento de Lingua do Concello de Santiago. Esta actividade de formación presencial en lingua e cultura galegas está dirixida á veciñanza procedente doutras comunidades lingüísticas e vaise desenvolver nas dependencias do Espazo Apego (rúa República do Salvador, 12) todos os luns e mércores ata o 17 de xuño. O prazo para inscribirse está aberto ata o 13 de marzo. Os obradoiros […]