O Concello de Santiago aproba a súa oferta pública de emprego con 51 prazas
A OPE 2025 inclúe 21 prazas de administración xeral e especial, das cales sete son de administración xeral e 14 da administración especial. A oferta de emprego tamén conta con 21 prazas para a Policía Local, cuxa selección de persoal faise a través da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). Este total de prazas supón a cobertura das 13 xubilacións do ano 2024 canda tres de nova creación, de maneira que o goberno leva ao límite a taxa de reposición. […]