Últimos preparativos da área de Ribadiso que abrirá á veciñanza este 12 de xullo
Arzua 10 de xullo de 2024. A posta a punto do "Chiringuito" de Ribadiso transcorre segundo o anunciado e abrirá as súas portas ao público o vindeiro día 12 de xullo co motivo do inicio dos "Seráns en Ribadiso". Esta área, que levaba pechada desde 2019, é unha aposta en firme do goberno municipal que quere devolverlle o seu esplendor á zona. Por iso, en primeiro lugar, desde o Concello acondicionouse a zona da cociña ao entender que era un […]