AD

santiago

878 Resultados / Página 58 de 98

Fondo
AD

Actualidad

Veciños da rúa do Vilar reclaman indemnización polos cortes eléctricos

      Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2024 (Vía Láctea Comunicación).- A Asociación de Veciños Cidade Histórica FONSECA acaba de presentar un recurso ante a Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia para defender os dereitos da veciñanza dun sector da rúa do Vilar afectada polos cortes da subministración eléctrica durante o pasado ano. Neste escrito, a asociación solicita que se corrixan os erros que figuran na resolución da Xefatura Territorial da Coruña da […]

today12 marzo, 2024

Actualidad

Este é o WhatsApp de Radio Líder Santiago: 633 57 17 65

Radio Líder Santiago pon á disposición dos seus oíntes un novo canal de comunicación a través de WhatsApp, co número 633 57 17 65. Este servizo pretende estreitar os lazos coa cidadanía e promover unha interacción máis directa entre os seus seguidores e a radio local de Compostela e a súa comarca. O WhatsApp estará aberto as 24 horas para que os oíntes interactúen durante as diversas entrevistas realizadas na radio, permitindo que envíen mensaxes para contribuír con comentarios ou […]

today12 marzo, 2024

Actualidad

O 15 de marzo ábrese o prazo para renovar as tarxetas de acceso á cidade histórica

      12/03/2024 A Concellería de Mobilidade e Convivencia abrirá entre o 15 de marzo e o 30 de abril o prazo para a solicitude de renovación das tarxetas de paso e parada na zona monumental da cidade. O prazo de vixencia destes distintivos é de dous anos, polo que todos aqueles concedidos no ano 2022 e anteriores xa caducaron ou caducarán ao longo deste 2024. Todas as persoas que conten con tarxetas ou distintivos de paso e parada para […]

today12 marzo, 2024

Actualidad

O PP de Santiago denuncia a «precaria situación» do contrato de limpeza e conserxería nos CEIP

      Ante unha situación que, a todas luces é intolerable, o concelleiro popular, Borja Rubio, esíxelle ao BNG que leve a cabo accións inmediatas co fin de mellorar as pésimas condicións destas instalacións. Rubio insistiu en que “é hora de que o goberno nacionalista actúe de maneira urxente para garantir a calidade dos servizos, incluída a recuperación do persoal de limpeza en horario de mañá, como se fixo durante a crise sanitaria da COVID ou a mellora nas […]

today11 marzo, 2024

Actualidad

A gala dos Premios Santiago Deporte celebrarase o 18 de marzo no Auditorio

      11/03/2024 Os VI Premios Santiago Deporte terá a súa gala o vindeiro luns, 18 de marzo. Na cerimonia, que comezará ás 20 horas, entregaranse os galardóns das 12 categorías desta edición cos que se busca recoñecer publicamente as persoas, entidades, centros educativos e empresas que polo seu labor desenvolvido ao longo da tempada 2022/23 ou no ano 2023 contribuíron ao fomento da práctica de actividade física e o deporte entre a poboación de Compostela. A concelleira de Deportes, […]

today11 marzo, 2024

Actualidad

Minuto de silencio con motivo do 20 aniversario dos atentados de Madrid

      11/03/2024 A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio no Día Europeo en Memoria das Vítimas do Terrorismo con motivo do 20 aniversario dos atentados de Madrid onde faleceron 193 persoas. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, integrantes da Corporación e membros do persoal municipal, participaron esta mañá no acto en recordo das 193 vítimas mortais e en solidaridade cos sobreviventes dos atentados terroristas en catro trens da rede cercanías de Madrid, dos que se […]

today11 marzo, 2024

Actualidad

O PP de Santiago aposta pola creación dun censo municipal de locais comerciais baleiros

      O obxectivo xeral deste censo non é só abordar a problemática dos establecementos sen actividade, senón que tamén busca contribuír á vitalidade e seguridade das zonas comerciais. Olaya Otero sinala que “na cidade estase a xerar unha `desertificación comercial´ na que, a duras penas, sobreviven espazos afectados por unha desocupación crónica prolongada e os nacionalistas non parecen ter nas súas prioridades buscar solucións que arranxen esta situación”. O Partido Popular de Santiago, a través da súa concelleira […]

today10 marzo, 2024

Actualidad

Dous incendios sen feridos este venres en Santiago

      Un lume, de escas dimensións, rexistrouse este venres na avenida de Lugo de Compostela. Eran as 10.30 horas deste venres, cando o persoal dun despacho de avogados situado na entreplanta do inmoble decatouse de que había fume tanto na oficina como na escaleira do portal, tendo que proceder á avacuación de todo o edificio. Inicialmente descoñecíase a orixe do fume, que finalmente estaba nunha das oficinas do bufete. O foco era unha papelera situada baixo unha das […]

today8 marzo, 2024

Actualidad

O talento multidisciplinar de doce mulleres chega á Galería Besibé de Compostela

    Entrevista a Paula Bruni, responsable da galería Besibé e artista plástica, en Radio Líder Santiago. “Cheas de razón/s” é unha exposición que se inaugurará o 9 de marzo na galería Besibe en Santiago de Compostela para conmemorar o Día Internacional da Muller. Doce mulleres de diferentes disciplinas amosan a súa obra en rede /conectada /coordinada. Deseñadoras de moda, taberneira, ourive, escultora, sombrereira, artista plástica, fotógrafa, monologuista, reposteira, comunicadora, ... todas elas colaboran, en rede nesta exposición que amosa […]

today8 marzo, 2024

AD
0%