Bota a andar en Compostela a cuarta edición de «Somos Cultura»
04/03/2024.- Neste mes de marzo, as redes sociais encheranse de contidos audiovisuais para animar o consumo cultural e poñer en valor a fortaleza das industrias culturais de Santiago. Será no marco da campaña "Compostela Somos Cultura", impulsada desde a Concellaría de Promoción Económica, e que chega á súa cuarta edición. O edil do departamento en funcións, Xan Duro, presentou hoxe o programa, nunha rolda de prensa na que participaron o director artístico do proxecto, Xacobe Martínez Antelo, e […]