O PP denuncia sancións “inxustas e inxustificadas” polo funcionamento dos parquímetros da ORA
Adrián Villa definiu como unha “falta de respecto” que, pola “incompetencia do Goberno nacionalista”, se estea sancionando aos usuarios. O popular afeoulle ao Goberno do BNG “a nula resposta, ante as diversas queixas interpostas nas distintas plataformas de atención ao cidadán”. Logo de recibir diversas queixas da veciñanza e comerciantes, o concelleiro popular, Adrián Villa, lamentou que, a diario, os usuarios dos parquímetros estean a padecer o mal funcionamento e os continuos fallos nas máquinas da zona […]