O Concello habilitará dúas novas parcelas como aparcadoiro provisional durante as obras do CHUS
2/02/2024.- A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou hoxe en rolda de prensa que o Concello acondicionará dúas novas áreas de estacionamento con carácter provisional mentres se executan as obras de ampliación do complexo hospitalario. As parcelas son as situadas á beira do aparcadoiro de borde de Santa Marta e a próxima ao CIMUS e ofertarán entre 250 e 270 prazas gratuítas. O Concello de Santiago, sinalou Sanmartín, co obxectivo de "contribuír a achegar solucións para as persoas […]