A Área Empresarial do Tambre distingue a 12 empresas asociadas dende hai 25 anos
O acto de homenaxe celebrarase mañá xoves ás 20 horas no Centro Empresarial do Tambre coa presenza de Radio Líder Santiago (97.7 FM). A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) homenaxeará este xoves, 14 de decembro, a doce empresas que cumpriron 25 anos na Asociación do polígono industrial en 2023. As compañías distinguidas foron: Almacenes Moure, Alugal, Asociación Provincial de Talleres (APTCOR), Bricosa Santiago, Carpintería Illobra, Comercial Gobertel, Cotelga, Fademga Plena inclusión Galicia, Inturasa Pérez Rumbao, Neumáticos Tino Santiago, Talleres […]