VIII Trofeo de Ciclismo Concello do Pino, este sábado 12 de maio
O Concello de O Pino acollerá o próximo sábado, 12 de maio, a sexta edición do desafío ciclista Trofeo de Ciclismo de Santiago. A competición é organizada polo Club Ciclista de Santiago e está destinada a categorías Máster 30, 40, 50 e 60, cun total de 69,2 quilómetros de percorrido. A proba, que forma parte da Challenge, xunto coa primeira cita en Ordes, contará tamén cunha clasificación independente. A saída está programada para as 10:45 horas.