AD

Arte y Cultura

Teo recibe a doazón dun cadro do rei de parte do artista galego Romero Masiá

today21 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada pola concelleira de Cultura, Margarita Rosende, foi a encargada de recibir o pintor
  • A rexedora interesouse pola súa obra en xeral e invitouno a poder expoñer nun futuro próximo o seu traballo no Concello

Teo, 21 de novembro de 2023.- O Concello de Teo recibiu hoxe a doazón dun cadro da súa Maxestade o Rei de parte  do artista galego Romero Masiá. Foi precisamente a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada pola concelleira de Cultura Margarita Rosende, a encargada de recibir o pintor.

A rexedora municipal agradeceu este agasallo de parte do Concello e dos teenses, posto que será colocado no salón de plenos da Casa Consistorial. Desta forma, dáselle visibilidade aos artistas galegos, dando a coñecer as súas obras e promocionando o seu
traballo dunha forma altruísta.

Durante a recepción, Calvo de la Uz interesouse pola súa obra en xeral e invitouno a poder expoñer nun futuro próximo o seu traballo no Concello, para que todos os interesados poidan apreciar a súa calidade e desfrutar dos seus cadros.

Pintor abstracto

Licenciado en Belas Artes en Sevilla, Rafael Romero Masiá completou a súa formación nos cursos segovianos de paisaxe de El Paular e na Academia de Belas Artes Pietro Vanucci de Perugia (Italia), centros nos que aprendeu diversas técnicas como gravado, pintura ou debuxo. Ademais, compaxinou a súa faceta creativa coa docencia como profesor de debuxo artístico na Escola de Artes Plásticas e Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela, así como coa ilustración de libros e a realización de murais en espazos públicos.

Romero Masiá caracterízase por un estilo propio no que une figuración e abstracción, outorgando unha gran importancia á investigación dos materiais. Inspirado por escenas cotiás, estas sempre están impregnadas dunha atmosfera irreal e incluso surrealista, nas que habitan figuras humanas que recordan a presencias fantasmais.

O autor galego recibiu numerosos galardóns pola súa obra, a cal forma parte de coleccións como a da Xunta de Galicia, a da Deputación da Coruña, a da Deputación de Sevilla ou a da Real Academia de Belas Artes da Coruña.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%