AD

Actualidad

The Rapants actuará o sábado 28 de marzo no Multiusos Fontes do Sar

today12 enero, 2026

Fondo
share close
AD

 

As entradas para a cita sairán á venda este venres 16, ás 12:00h, a través da plataforma www.ataquilla.com

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2026.- O Multiusos Fontes do Sar acollerá o 28 de marzo a grande inauguración do Rapants Club, a estrea en directo do novo álbum da banda muradá The Rapants. As entradas para a concerto, no que se poderán escoitar por primeira vez ao vivo os temas do cuarto LP do grupo, poranse á venda este venres 16 de xaneiro, a partir das 12:00 horas, a través da plataforma en liña www.ataquilla.com.

Os muradáns escolleron a súa cidade de adopción, Santiago de Compostela, para dar a coñecer este novo traballo, un álbum cunha sonoridade moi especial que dá conta da evolución do grupo á vez que mantén a esencia e identidade rapante. Con Rapants Clubque verá a luz tamén no mes de marzo, The Rapants atrévese a experimentar. O cuarteto abre a porta a diferentes estilos musicais e con letras máis escuras; mais segue a por en valor o baile, as guitarras frenéticas, as sentenzas románticas e os retrousos memorables, todos eles aderezados coa naturalidade e a honestidade que caracteriza ao grupo.

A inauguración deste Rapants Club será unha gran festa para a música en directo en Galicia, na que os rapantes darán as “jrasias por confiar” no seu proxecto. A alegría, o bo rollo, os pogos e, por suposto, un intenso tráfico aéreo daranse cita o sábado 28 de marzo na pista do Sar, nun evento que conta co apoio do Concello de Santiago. Será unha noite na que, ademais de gozar dos novos temas da banda, o público e moi especialmente os ‘rapants fan juligans’ “viaxarán ao profundo” da man do grupo para vibrar con himnos que identifican a toda unha xeración.

The Rapants abre así no gran recinto indoor compostelán unha nova etapa na que explorará, sen medo, novos escenarios e retos no seu directo, logo de sumar dous anos de grandes éxitos e concertos multitudinarios desde aquel dobre ‘sold out’ que acadou en cuestión de minutos pola estrea de La máquina del buen rollo (Premio MIN ao Mellor Álbum en Galego 2024) na Sala Capitol.

Despedida de La máquina del buen rollo

Precisamente o vindeiro 28 de febreiro, un mes antes da presentación de Rapants Club, os rapantes pecharán a xira de La máquina del buen rollo en Bruxelas, no marco dun evento moi querido pola banda e que deu pé ao nacemento do seu tema Rue Franklin: o Festival Emigrason. Antes da cita europea, os muradáns actuarán en Zaragoza (6 de febreiro) e Bilbao (7 de febreiro) como parte da programación dos festivais Inverfest e Negufest, respectivamente. Tres datas fóra de Galicia antes do seu regreso a Compostela, por todo o alto, o 28 de marzo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *