Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Ames, 18 de decembro de 2023.- A localidade de Bertamiráns acolleu este domingo, 17 de decembro, unha nova edición da tradicional Carreira Ciclista do Pavo. Tomás Pombo quedou en primeira posición, seguido de Xoel Blanco e Javier Iglesias, que quedaron en segunda e terceira posición respectivamente. Nesta proba participaron un total de 98 ciclistas. Antes da carreira, houbo unha xincana na que participaron nenos e nenas. Nese evento deportivo homenaxeouse a Iván Raña. Premendo nesa ligazón podes ver a galería de fotos da carreira do pavo.
Un total de 98 ciclistas participaron este domingo na XVI Carreira Ciclista do Pavo. Os participantes tiveron que dar 20 voltas ao circuíto, duns 1.600 metros de lonxitude. O gañador da proba foi Tomás Pombo, mentres que na segunda e terceira posición quedaron Xoel Blanco e Javier Iglesias, respectivamente.
Ademais, ao comezo das voltas 5, 10 e 15 realizáronse sprints especiais ao paso por meta, para repartir agasallos de Nadal entre os gañadores/as. Os premios dos sprints foron para Cristian Lapido e Tomas Pombo.
Como xa é habitual, os premios da carreira consistiron na entrega dun pavo, un polo e unha perdiz para o primeiro, segundo e terceiro clasificado, respectivamente. Cómpre sinalar que non se trata de animais vivos, e que estes obsequios se entregan ás primeiras persoas en cruzar a meta, ao só haber unha categoría de competición.
No acto da entrega de premios estiveron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Deportes, Susana Señorís, e outros/as concelleiros/as do grupo de goberno, así como representantes do Partido Popular e do Bloque Nacionalista Galego de Ames.
Homenaxe a Iván Raña
Ao remate da proba, os membros da comunidade do ciclismo galego que se achegou á carreira participou nunha homenaxe a Iván Raña, que en setembro deste ano se converteu no primeiro triatleta español en ser incluído no Salón da Fama do World Triathlon, en recoñecemento á súa exitosa traxectoria deportiva.
Raña foi o primeiro campión do mundo español desta disciplina en 2002. Así mesmo, logrou tamén outros dous títulos de campión de Europa e un ouro do Mundial de Acuatlón, ademais de tres participacións en Xogos Olímpicos.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)