Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today27 febrero, 2026
Lugo, 27 de febreiro. A candidata a reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, deu comezo esta mañá no campus de Lugo á campaña electoral da segunda volta co compromiso de «traballar centro a centro, escoitar, dialogar e compartir propostas» con toda a comunidade universitaria. A catedrática en Matemáticas afronta esta nova fase electoral tras ser a candidata máis votada na primeira volta, cun programa avalado polo 41% dos sufraxios, «un resultado que nos dá forza e responsabilidade», segundo manifestou.
Crujeiras explicou que nesta segunda volta «é hora de facer o máis importante: traballar centro a centro, escoitar, dialogar e compartir propostas coa comunidade universitaria». Neste sentido, a candidata avanzou que durante os vindeiros días manterá reunións con diferentes grupos de traballo abertos á participación de todos os sectores universitarios. «Queremos construír, entre todas e todos, o mellor goberno posible para a USC», afirmou.
A candidata salientou que a campaña para esta segunda volta preséntase «con moitos ánimos e coa vontade de seguir dialogando, de seguir escoitando a toda a comunidade universitaria que nos manifestou un amplísimo apoio na primeira volta». Nesta nova fase, o obxectivo non é presentar de novo o programa, senón «seguir traballando e mantendo xuntanzas cos distintos colectivos enfocadas a concretar máis accións das que tiñamos dentro do programa que presentamos para estas eleccións».
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)