Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Un traballador faleceu en Padrón tras ser atropelado por unha pa mecánica na fábrica de Finsa. O falecido é un chófer da empresa Transportes Vecino do concello de Zas.
O sinistro tivo lugar este martes ás seis menos cuarto da tarde.
A pesar da rápida intervención dos servizos sanitarios que se desprazaron ao lugar, só puideron certificar o falecemento do operario.
O alcalde, Anxo Arca, emitiu un comunicado para trasladar «todo o meu cariño e ánimo á familia e amizades nestes duros momentos. Estendo tamén este cariño e ánimo a todo o persoal de Transportes Vecino e Finsa, que, sen dúbida, tamén está a sentir profundamente a perda do seu compañeiro», afirmou.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)