Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 octubre, 2024
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2024 (Asociación de Veciños Cidade Histórica FONSECA).- A simplificación administrativa que se aplica no eido das licenzas da apertura, o Concello de Santiago de Compostela non a utiliza no outorgamento das licencias de obras, que seguen sen ir acompañadas da preceptiva autorización complementaria de ocupación da vía pública, que é imprescindible para poder acometer os traballos de construción.
De este xeito é preciso facer unha segunda solicitude, neste caso ao Departamento de Tráfico do concello.
Antes do 2010, estas solicitudes de ocupación de vía pública tramitábanse nun prazo de 7 días, pero nestes momentos a tardanza en tramitalas vai mais alá dos tres meses e xa se teñen dado casos en que a licencia de obra estaba a punto de caducar namentres a autorización de ocupación de vía pública non chegaba.
Coñecemos casos na área de Conxo, Pontepedriña, a Estila, e a Cidade Histórica que seguen agardando por esta autorización de ocupación da vía pública, namentres as choivas do outono xa chegaron e os problemas de entradas de auga por problemas nos tellados están a deteriorar aínda mais as condicións de habitabilidade dos edificios, e os traballos que tiñan que seren feitos no tempo seco, adíanse para o inverno cos problemas que elo supón para a programación das construtoras.
Este mal funcionamento do Concello, tamén supón retrasos na xustificación das subvencións e no seu cobro.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)