Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today15 mayo, 2024
O líder popular, Borja Verea, asegura que Santiago é o mellor escenario para acoller unha proba ciclista clásica do Circuíto Internacional, que podería partir dunha cidade portuguesa e ter como meta a capital de Galicia. Este tipo de eventos deportivos moven unhas 5.000 persoas, entre prensa, equipos e organización, sen contar coa gran cantidade de afeccionados que as seguen.
Verea, acompañado do concelleiro, José Antonio Constenla, mantivo un encontro con David Lappartient, presidente da Unión de Ciclismo Internacional (UCI); Enrico Della Casa, presidente da Unión Ciclista Europea; e o presidente da Federación Española, José Luís López Cerrón.
Máis de 120 delegados de 51 de Federacións Nacionais encabezados polo presidente da UCI e vicepresidente do Comité Olímpico Internacional, déronse cita en Santiago, no Congreso da Unión de Ciclismo Europeo e de representantes da Unión Ciclista Internacional, co fin de reflexionar sobre o futuro deste deporte e preparar os grandes eventos deste ano.
Esta actividade non contou co apoio dos nacionalistas, a pesar dos múltiples intentos da organización, para poder manter unha reunión previa con Goretti Sanmartín, co fin de poder formalizar unha visita ao Concello.
Para o líder popular, esta negativa, por parte dos nacionalistas, “foi outra oportunidade perdida para que Santiago amose a súa imaxe de cidade acolledora e vangardista; e o BNG desaproveitou a ocasión de empezar a traballar para que a capital de Galicia acolla unha proba clásica de ciclismo, como ocorre noutros lugares de Europa e que tanta repercusión teñen”.
“O BNG parece non ter en conta os gustos dos composteláns, que sempre demostraron a súa afección por este deporte”, sinalou Verea.
Non hai máis que observar a importante acollida que tivo a XXIII edición da Volta Ciclista da Ascensión, que se celebrou o pasado domingo e que contou con máis de 250 participantes; ou a importante expectación que se produce na cidade cada vez que Santiago se convirte en paso ou meta de probas como a Volta Ciclista a España ou doutras carreiras que deciden ter como fin de etapa a capital de Galicia.
Escrito por Líder Redacción
ciclismo compostela deportes politica radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)