Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today10 noviembre, 2023
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2023.- O líder do PP de Santiago, Borja Verea, manifestou hoxe a súa intención de traballar para que Santiago se converta en alternativa a Lisboa como polo de atracción para empresas dos distintos países lusófonos en todos os sectores empresariais, pero, sobre todo, nas biosanitarias aproveitando o distrito biotecnolóxico, así como no sector da innovación.
Para Verea “a relevancia internacional da capital de Galicia, ademais das sinerxías coas empresas do polo sanitario e do distrito biotecnolóxico, fan da cidade o enclave perfecto para aportar, no eido empresarial e da investigación, un atractivo para a ubicación de novas empresas nestas áreas de actividade”.
Neste senso, o líder popular destacou tamén que “o noso potencial non debe limitarse só a nosa comunidade, senón que deberíamos ir máis lonxe e proxectarmos a nivel internacional para que as empresas lusófonas tomen Santiago como alternativa a Lisboa, tanto desde o punto de vista económico, como pola calidade de vida e os servizos que a cidade lles pode ofrecer, grazas á nosa vocación cosmopolita e o noso posicionamento a nivel mundial”. Así, engadiu, “Compostela debe aspirar a converterse nun centro neurálxico para estes países, que engloban hoxe en día un mercado potencial de case 300 millóns de
persoas.
Na actualidade, hai 9 países no mundo (Brasil, Portugal e Mozambique, entre outros) nos que a fala oficial é o portugués, sendo o sexto idioma máis utilizado do planeta. Segundo proxeccións da ONU, en 2050, os falantes de lingua portuguesa poderían chegar aos 400 millóns de persoas, debido a crecemento demográfico de países luso-parlantes no continente africano como Angola ou Mozambique. E hoxe en día, xa no americano, Brasil, conta cunha poboación que supera os 215 millóns de persoas sendo o país máis poboado de fala portuguesa a nivel mundial, o que representa unha potente forza demográfica para
Así, “desde Compostela debemos aproveitar as sinerxías lingüísticas entre o galego e o portugués para achegar ás empresas lusófonas cara a capital de Galicia”, afirmou Verea.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)