AD

Actualidad

Verea: «Santiago debe xestionar integramente a taxa turística e non depender da Xunta»

today23 septiembre, 2024

Background
share close
AD
  • “O que teñen que facer é poñerse a traballar para sacala adiante e, se non saben ou non queren, que se boten a un lado, que nós si que podemos e saberemos xestionala”, engadiu Verea.
  • Para o líder popular, “agora que xa existe a posibilidade de aplicar a taxa, teñen que buscar outro asunto co que manter o enfrontamento coa Xunta”.

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, amosouse hoxe sorprendido pola nova reacción do BNG ao acordo da taxa turística anunciado o venres pasado. “Son expertos inventando excusas, tan só 48 horas tardaron cambiar de opinión e poñerlle problemas á tan esperada taxa turística -sinalou-, o venres eran todo boas palabras pero dous días despois parece que se lle queda grande isto de xestionar e traballar”. En palabras de Verea, “agora que xa existe a posibilidade de aplicar a taxa, teñen que buscar outro asunto co que manter o enfrontamento coa Xunta”. “O que teñen que facer é poñerse a traballar para sacala adiante e, se non saben ou non queren, que se boten a un lado, que nós si que podemos e saberemos xestionala”, engadiu.

O líder popular deixou claro que “se eu son alcalde de Santiago, quero xestionar os impostos dos meus veciños e quero ter completa competencia sobre o que se está a facer, o resto é botar balóns fóra e buscar excusas, ademais de evidenciar que hai poucas ganas de traballar”.

Así Verea lembrou que desde que el chegou ao PP, “nunca nos opuxemos á taxa turística, máis ben o contrario, tal é así que o propio BNG usábame como escudo contra a Xunta sinalando que ata Borja Verea a quería”. “Agora que xa a temos, teñen que traballar para sacala adiante, os prazos son os que son, a principios de 2025 haberá habilitación e a partir de aí o concello ten que poñela en marcha, que empecen xa a preparar a súa aplicación”, insistiu.

En relación ao destino de dito imposto, o popular sinalou que desde o PP de Santiago non son partidarios de meter eses cartos na saca común e que queden diluidos no orzamento xeral. “Se de nós dependese, o recadado con ese novo imposto iría para turismo sostible, programación cultural, limpeza e seguridade”.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%