AD

Actualidad

VIDEO | Ames pon en marcha o plan de saúde mental, pioneiro en Galicia

today17 abril, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Trátase do primeiro plan de promoción de benestar emocional do Concello, que busca dar unha resposta estruturada ás necesidades reais que se detecten entre a poboación do municipio

O plan presentado esta mañá recollerá liñas de acción concretas, prestando especial atención a nenos, adolescentes e persoas maiores, co obxectivo de previr e atender as súas necesidades para mellorar o benestar psicolóxico e a calidade de vida dos veciños e veciñas de Ames

A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, abriu o acto destacando que Ames é “un concello pioneiro na creación desta ferramenta, que agardamos que mellore a vida dos veciños e veciñas de Ames”

O alcalde de Ames, Blas García, sinalou que “Ames é un concello de servizos, cunha oferta que se amplía con esta iniciativa”. Así mesmo, subliñou a importancia do papel das institucións no coidado do benestar emocional: “É moi importante que as administracións falemos de saúde mental, para poñelas en primeiro plano e mellorar así os recursos e servizos dispoñibles nesta área”

Ames, 17 de abril de 2024.- Esta mañá, a Casa do Concello acolleu a presentación do Plan Municipal para a Promoción da Saúde Mental, un plan global para previr, promover e atender á saúde mental da veciñanza amesá, especialmente entre nenos, adolescentes e persoas maiores. Trátase do primeiro plan de promoción de benestar emocional do Concello, que busca dar unha resposta estruturada ás necesidades reais que se detecten entre a poboación do municipio.

O alcalde de Ames, Blas García; e a concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, presentaron esta mañá na Casa do Concello, en Bertamiráns, o Plan Municipal para a Promoción da Saúde Mental. Estiveron acompañados por Juan Carlos Permuy e Belén Montesa, psicólogo e  psicóloga de CoidadosÁmente, que se encargarán de impartir e desenvolver o programa. Tamén asistiron concelleiros/as do goberno e persoal técnico municipal.

Segundo diversos estudos, aproximadamente un 15% da poboación sofre ou sufrirá algún trastorno mental ao longo da súa vida. Por iso é necesaria unha estratexia global que proporcione un marco de acción común para previr, promover e atender ás necesidades de poboación sobre esta cuestión.

O plan presentado esta mañá recollerá liñas de acción concretas, prestando especial atención a nenos, adolescentes e persoas maiores, co obxectivo de previr e atender as súas necesidades para mellorar o benestar psicolóxico e a calidade de vida dos veciños e veciñas de Ames. Todas elas comezarán a poñerse en marcha en maio, e o obxectivo é que se prolonguen ata o final do actual mandato, no ano 2027.

Presentación

A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, abriu o acto destacando que Ames é “un concello pioneiro na creación desta ferramenta, que agardamos que mellore a vida dos veciños e veciñas de Ames”. Ademais, sinalou que “esta iniciativa é unha proba de que desde a Corporación apostamos pola saúde, tanto física como psicolóxica”.

Pola súa banda, psicólogo e coordinador de CoidadosÁmente, Juan Carlos Permuy, explicou que este plan “agrupa todas as accións e intervencións que xa se veñen facendo a nivel municipal por parte dos diversos axentes sociais desde fai tempo”.

O encargado de pechar a presentación foi o alcalde de Ames, Blas García, que sinalou que “Ames é un concello de servizos, cunha oferta que se amplía con esta iniciativa”. Así mesmo, subliñou a importancia do papel das institucións no coidado do benestar emocional: “É moi importante que as administracións falemos de saúde mental, para poñelas en primeiro plano e mellorar así os recursos e servizos dispoñibles nesta área”.

Plan de promoción municipal de benestar emocional e saúde mental

O plan de saúde mental inclúe diversas actuacións orientadas a diferentes colectivos. Por unha banda, realizaranse intervencións de promoción do benestar emocional no ámbito escolar tanto no IES de Ames como no IES do Milladoiro. Ademais, tamén se porán en marcha programas de prevención de condutas aditivas e de educación afectivo-sexual para o alumnado de primaria e secundaria nos distintos centros educativos do concello.

No relativo ás persoas maiores, impulsarase un Programa Grupal de Benestar Emocional dentro do que se realizarán diversos obradoiros nos que os maiores do concello poidan participar para reducir os niveis de soidade, incrementar a súa participación social, ofrecer recursos e servizos de apoio, ou promover o envellecemento activo, entre outros.

Tamén se creará un espazo presencial de asesoramento técnico, coordinación e derivación, para responder ás demandas e problemáticas da poboación infanto-xuvenil e de terceira idade. Este espazo, chamado Servizo UNE (Unidade de Necesidades Emocionais), situarase en Bertamiráns e traballará os luns en horario de 19:30 a 21:30 horas a partir do mes de maio. A atención será presencial e nel un profesional avaliará a demanda, informará sobre os recursos existentes e realizará un seguimento daqueles casos que requiran dunha intervención. Non se trata dunha consulta de atención psicolóxica, senón dun servizo de asesoramento e orientación.

Ao mesmo tempo, porase en marcha un Programa de Cesación Tabáquica para axudar a todas aquelas persoas que queiran deixar de fumar. Nel abordarase o tabaquismo desde unha perspectiva multidisciplinar e contará, entre outros, cun psicólogo con formación específica en tabaquismo.

Ademais, a partir do mes de maio realizaranse formacións específicas en saúde mental para axentes sociais implicados directamente coa veciñanza, co obxectivo de proporcionar ferramentas e coñecementos para mellorar a atención e a intervención. Os primeiros en recibila serán os axentes da Policía Local, seguidos do persoal de Servizos Sociais.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%