Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today10 abril, 2024
Esta fin de semana, o concello de Vedra espera duplicar a súa poboación coa celebración da XLII Festa do Viño da Ulla, agardando a visita de máis de 10.000 persoas ao recinto feiral en San Miguel de Sarandón.
As 12 adegas presentes servirán 10.000 botellas de viño da zona do Ulla promovendo a demarcación da Denominación de Orixe Rías Baixas. A festa evolucionou ao longo dos anos, pasando dunha xuntanza ligada á borracheira a un evento máis responsable, onde se fai culto a este caldo único. As míticas botas colgadas das árbores, que antes dispensaban viño a esgalla, agora permanecen como símbolo desta cita festiva, nun ambiente marcado nos últimos anos polas novas medidas sanitarias e o novo rumbo organizativo, que redunde non tanto no ocio e degustación de borracheira senon na degustación dun viño de calidade, sen tantos excesos.
O presidente da comisión organizadora, José Caldelas, e o alcalde accidental do Concello de Vedra, Manuel Costa, falaban esta mañá en Radio Líder Santiago sobre a festa do viño da Ulla que ven cardaga dunha extensa programación.
A XLII Festa do Viño da Ulla contará con varias actividades destacadas. Do 10 ao 12 de abril celebraranse as Xornadas Técnicas sobre a Cultura do Viño. O sábado 13 de abril realizarase a II ruta de coches antigos e o domingo 14 a II ruta en moto, ambas percorrendo os viñedos da Subzona Ribeira do Ulla, con visitas a adegas e catas. Tamén haberá unha cata concurso, unha mostra de viños de 12 adegas e actuacións musicais, incluíndo música tradicional, charanga e danza urbana. A noite do sábado estará amenizada con sesión de DISCO-MOVIL e a actuación da orquestra PARÍS DE NOIA. O domingo 14 entregaranse os premios da cata concurso e nomearanse novos membros da Orde dos Amigos/as do Viño da Ulla, co pregón a cargo de Fran Cañotas. Ademais, haberá actuacións de grupos musicais como FESTICULTORES TROUPE, REBELDIA e FAMILIA CAAMAGNO, e un espazo gastronómico para degustar viño e tapas.
Tanto a organización, conformada por unha ducia de familias, como o Concello de Vedra traballan arduamente para que esta festa sexa declarada de interese turístico de Galicia, cunha solicitude presentada xa polo concello en 2017, pero aínda sen resposta institucional.
A entrevista completa con José Caldelas e Manuel Costa, no seguinte enlace.
Escrito por Líder Redacción
Entrevista festa festa do viño radio lider santiago Ulla vedra viño
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)