Vedra acollerá do 23 ao 25 de outubro unha nova edición do Espazo Activo da Ulla
A Casa da Cultura de San Miguel de Sarandón acolleu onte a presentación dunha nova edición do Espazo Activo da Ulla, unha iniciativa cultural e de posta en valor do territorio organizada pola Asociación Cultural San Campio, que se celebrará en Vedra durante a fin de semana do 23 ao 25 de outubro. Un ano máis, un dos grandes protagonistas da programación será o xa coñecido Pasabodeghas, que volverá percorrer as adegas participantes nunha proposta na que a música, a […]