Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today22 abril, 2024
22/04/2024.- O Centro Deportivo Atmósfera Sport acollerá mañá unha mesa redonda para dar a coñecer a realidade das persoas con esclerose múltiple ou parkinson, no marco da campaña «12 comercios, 12 sensibilidades», coa que colabora o Concello a través do departamento de Comercio. Este mes, a iniciativa está protagonizada pola tenda de deportes, que visibiliza o labor de ACEM, a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas.
A mesa redonda comezará ás 19.00 horas, e contará coa participación de Mª Isabel Quelle Campos, afectada de esclerose múltiple, e Enrique Ben de la Fuente, afectado de párkinson. A secretaria e o vicepresidente de ACEM relatarán como viven con estas enfermidades para concienciar á sociedade e, ao tempo, para dar a coñecer o traballo da asociación que tece unha rede de apoio para as persoas afectadas e para as súas familias. Para asistir á mesa redonda, no establecemento de San Pedro de Mezonzo, é preciso inscribirse previamente no teléfono 981 575 240, no mail acem.santiago@gmail.com, ou no propio Centro Deportivo Atmósfera.
«12 comercios, 12 sensibilidades»
A campaña «12 comercios, 12 sensibilidades» busca fortalecer as relacións entre os comercios locais e fomentar o apoio ás causas sociais. Trátase dunha colaboración entre doce comercios situados en diferentes puntos da cidade- O obxectivo principal é promover a solidariedade e a conciencia social, así como tamén incrementar o movemento de clientes entre os pequenos establecementos da cidade. Esta campaña solidaria conta co apoio da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, que recoñece a importancia de fomentar iniciativas que promovan a solidariedade e o apoio ás entidades sociais na cidade.
NOTICIA RELACIONADA.
Centro Deportivo e ACEM, protagonistas de abril na campaña 12 Comercios, 12 Sensibilidades
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)