Un operario falece no Grove tras sufrir unha descarga eléctrica
Malia os esforzos por reanimalo, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento. O 112 Galicia tivo constancia deste suceso ás 15:30 horas, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061: un traballador acababa de sufrir unha descarga eléctrica mentres realizaba tarefas dentro dunha arqueta, na Estrada da Lanzada, pertencente á parroquia de San Vicente do Grove. Nese momento, os alertadores confirmaron que o implicado permanecía inconsciente. Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o seu persoal […]