Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today31 julio, 2025
A Consellería de Sanidade destinou 12 millóns de euros a reforzos en atención primaria para este verán, pero os usuarios do área de Santiago-Barbanza constatan que a medida «non chega a todos os centros nin resolve o déficit crónico». A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia demoras de 9 a 17 días para consultas, peches de axendas e unha «atención deshumanizada» que empurra os pacientes a urxencias ou á privada.
En maio e xuño, xa antes do plan estival, centros como o de Vite acumulaban demoras de 16 días e peches de agenda por vacantes sen cubrir. A app e-saúde bloqueaba consultas por doenzas novas, obrigando a chamadas que sobrecargan o persoal. Agora, con máis baixas vacacionais, a situación repítese en puntos como Concepción Arenal, onde incluso as receitas se atrasan.
Os usuarios critican a «sobrecarga extrema» dos facultativos, que derivou en «categorizacións»: «Tratan diferente a quen vai por baixa doutro profesional. Non é xusto», sinala un veciño de Vite. A asociación advirte de que a presión laboral desemboca en máis baixas, «un círculo vicioso que degrada a calidade».
A falta de acceso a primaria en 48-72 horas —prazo razoadble para doenzas agudas— satura urxencias do CHUS e aumenta a demanda na privada. «Isto é unha estratexia para desmantelar a pública», acusan.
Exixen ao SERGAS solucións estruturais, non parches: máis contratacións, cobertura de baixas e dotación anual estable. «Non queremos plans estivais, queremos atención digna os 365 días», resume a asociación.
A Xunta recoñeceu en maio a necesidade de reforzar primaria, pero os datos do CHUS mostran que a realidade vai á contra: Santiago perdeu o 20% dos seus médicos de familia en 5 anos, e un 30% das consultas son xa por teléfono.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)