O arzuán Daniel Camino Barral, gañador do concurso de carteis da XLIII Feira do Viño de Amandi
O Concello de Sober vén de fallar o concurso do cartel que anunciará a XLIII Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar os días 31 de marzo, 1 e 2 de abril, coincidindo como é habitual co fin de semana do Domingo de Ramos. O mozo, natural de Arzúa e residente en Monforte de Lemos, Daniel Camino Barral foi o gañador do certame, no que este ano participaron preto de 30 persoas con orixinais chegados […]