Alingua destaca a Touriñán, As Tanxugueiras, Ledicia Costas ou Luís Davila como referentes no uso do noso idioma
07/11/2023 A Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega publica na rede o ‘Catálogo de referentes’, guía virtual que recompila de forma inicial máis de corenta perfís colaboradores como modelos de sensibilidade lingüística nos campos da cultura, da ciencia, dos deportes, da artesanía, do activismo ou da comunicación. A iniciativa nace cunha guía didáctica específica, ideada como ferramenta educativa multidisciplinar para o alumnado de 12 e 16 anos, que se pode descargar xa de balde dende a web alingua.gal. Na presentación desta […]