AD

Month: diciembre 2023

213 Results / Page 2 of 24

Background
AD

Actualidad

Santiago manterá a bonificación complementaria no transporte urbano

29/12/2023.- O Concello de Santiago manterá en 2024 a bonificación complementaria do transporte urbano, que se suma á bonificación aprobada polo Goberno do Estado. Desta maneira, o prezo do billete con bono ordinario manteráse nos 0,30 euros, e o bono mensual seguirá custando 13 euros. O Goberno do Estado vén de aprobar o Real Decreto-Lei 8/2023, de 27 de decembro, polo que se adoptan medidas para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflitos de Ucraína e Oriente Próximo, […]

today29 diciembre, 2023

Actualidad

Padrón aproba un orzamentos para 2024 que superan os 10 millóns de euros

      O Goberno Municipal saca adiante os primeiros orzamentos aprobados en tempo e forma Increméntanse as subvencións ás asociacións de carácter social, deportivas e culturais Padrón. 29-12-2023. O Pleno de Padrón aproba por primeira vez en tempo e forma os orzamentos. O alcalde explicou que “a diferenza do anterior goberno municipal, priorizamos a aprobación para non perder ningunha liña de financiamento externa de cara a 2024”. O orzamento ascende nesta ocasión a 10.076.000€, superando sensiblemente o orzamento anterior. […]

today29 diciembre, 2023

Actualidad

O Concello de Ames vai crear unha Oficina de Transformación Comunitaria

O alcalde, Blas García, destaca o compromiso da Concellería que el dirixe coa creación desta oficina que fará posible o correcto asesoramento para a creación de comunidades enerxéticas. “É a primeira vez que o Concello de Ames destina unha partida orzamentaria nesta materia, reflexo da seriedade da nosa aposta en materia de integración de enerxías renovables” A oficina será de natureza principalmente virtual a través da súa propia páxina web, podendo dispoñer de emprazamento físico nas instalacións do espazo colaborativo […]

today29 diciembre, 2023

Actualidad

O programa electoral do PPdeG reflexará o “estilo Rueda”

Paula Prado sostén que a idea que definirá este documento será a estabilidade e que a través del tratarán de buscar unha solución a cada cuestión que propoñan os galegos e as galegas “Fronte a un multipartito que cada vez que fai un anuncio se converte en mentira e se queremos que en Galicia siga imperando o sentidiño e siga sendo unha illa de estabilidade, a única alternativa é apostar por Alfonso Rueda”, salienta Valentín García, coordinador do programa: “Todos […]

today29 diciembre, 2023

Destacado

Bouza na sinatura do acordo das contas municipais: “son uns orzamentos sociais e progresistas”

O secretario xeral dos socialistas reivindica o acordo como unha mostra de “política útil”: “a oposición ten que servir para o que serve a política: construír, debater, chegar a puntos de encontro e facilitar a vida das persoas” Inclúese o incremento da aportación ao Servizo de Axuda no Fogar, as reurbanización das rúas García Lorca, Ponte da Raíña e Mallou e actuacións nos polideportivos de Vite e Santa Isabel, así como no campos do Fátima e Villestro. Santiago de Compostela, […]

today29 diciembre, 2023

Actualidad

As SS.MM. de Oriente chegarán o día 5 á cidade seguindo a Estrela de Compostela

      A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, adiantou esta mañá en rolda de prensa algún dos detalles trasladados polos propios Reis Magos sobre a tradicional Cabalgata que terá lugar o vindeiro venres 5 de xaneiro. A comitiva percorrerá as rúas da cidade ata chegar á praza do Obradoiro e ao Pazo de Raxoi onde as SSMM recibirán aos nenos e nenas nunha tarde chea de "sorpresas musicais e golosas". Pilar Lueiro explicou que os tres Reis Magos trasladáronlle […]

today28 diciembre, 2023

Actualidad

Os Bonos Corazón mobilizaron case 1,4M€ no comercio e a hostalería de Santiago

28/12/2023.- A campaña dos Bonos Corazón, que finalizou o pasado día 22, concluiu cun volume de vendas de case 1,4 millóns de euros en 560 establecementos de comercio e hostalería de Santiago. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, fixo hoxe balance do programa, do que se beneficiaron ademais 12.000 persoas. Entre o 17 de novembro e o 22 de decembro, os Bonos Corazón traducíronse nunhas vendas totais de 1.385.930,37 euros. O orzamento municipal destinado […]

today28 diciembre, 2023

Actualidad

O PSOE denuncia o “absoluto colapso” das urxencias sanitarias e demándalle solucións a Rueda

Para os socialistas este colapso das urxencias é unha mostra da xes ón de Alfonso Rueda desde a Xunta: “as persoas están a padecer todos os retallos do PP que provocan que a falta de médicos e profesionais na Atención Primaria colapsen as urxencias”. Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2023. Nos últimos días fixéronse constantes as denuncias polo colapso das urxencias sanitarias. Este mércores, segundo facía público a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, había ata 40 […]

today28 diciembre, 2023

Actualidad

Ames, o único concello que medra de Galicia, acada os 32.482 habitantes

Blas García: “Estes datos falan moi ben do traballo realizado tanto actualmente como nos últimos anos por anteriores Corporacións. Ames é o lugar perfecto para establecer un proxecto de vida” Segundo datos do INE, do 1 de xaneiro do 2022 ao 1 de xaneiro do 2023, Ames medrou en 387 habitantes Dende o ano 2000, o concello de Ames duplica a súa poboación Ames, 28 de decembro de 2023.- O pasado 23 de decembro saíron publicados no BOE as cifras […]

today28 diciembre, 2023

AD
0%