Verea pídelle ao Goberno do BNG «transparencia» e entregue o borrador dos Orzamentos
Ante tan anómala situación, este sábado, o líder popular remitiulle unha carta á alcaldesa para que lle fora facilitada dita documentación, tendo en conta, ademais, que o Goberno do BNG leva máis de 10 días negociando co partido socialista. A falta de transparencia non é nada novo, posto que o Goberno nacionalista xa amosou as súas maneiras pouco democráticas no pasado Pleno ordinario, cando impediu que se debatesen distintos puntos da orde do día, tal é como permite o regulamento. […]