Asinada a addenda que actualiza o financiamento da nova depuradora da Silvouta
19/06/2024 O pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto de sinatura da addenda nº1 ao ao convenio subscrito entre o Concello de Santiago, Augas de Galicia e Acuaes para a execución e explotación da nova estación depuradora de augas residuais da Silvouta. Asinaron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, como presidenta de Augas de Galicia; e Rosa Cobo, presidenta executiva de Acuaes. Tamén asistiu o delegado do Goberno, Pedro Blanco, e […]