A humanización do Milladoiro bota a andar cos traballos de topografía e análise de planos
O alcalde de Ames, Blas García, mantivo esta mañá unha xuntanza na Casa da Cultura do Milladoiro coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, para abordar a humanización da avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro. En dito encontro tamén participaron o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, e mailo concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández. Ese proxecto foi adxudicado, no pasado mes de abril, por 4,4 millóns de euros á Unión Temporal de Empresas de Extraco e […]