AD

Mes: junio 2024

225 Resultados / Página 20 de 25

Fondo
AD

Actualidad

Calvo de la Uz lamenta que Santiago denegue a ampliación da liña 6 ata a rotonda do Gadis de Cacheiras

A alcaldesa de Teo solicitara en agosto de 2023 a dita ampliación para mellorar a conectividade por bus para 9.000 veciños da contorna dos Tilos e Cacheiras, dous núcleos importantes de poboación do municipio teense Con esta mellora pretendíase tamén aliviar o tráfico rodado e minimizar o impacto ambiental Teo (A Coruña), 7 de xuño de 2024.- A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, acaba de recibir a negativa por parte do Concello de Santiago de Compostela de […]

today7 junio, 2024

Actualidad

Veciños do Ensanche acuden á Xustiza polo ruído de varios locais de ocio nocturno

A Asociación de Veciños do Ensanche Raigame anunciou que iniciará trámites xudiciais debido aos problemas de convivencia e ruído ocasionados por catro locais de ocio nocturno na zona. Nunha reunión con edís do Concello, trasladaron a súa intención de acudir á xustiza contra os locais Bar Stilo, TNT, Discoteca Vanitas e Gabanna Discoteca. Tamén expresaron preocupación polos ruídos procedentes doutros establecementos como o Gimnasio Espagat, as residencias de estudantes Carmen e Santi, e o local de salsa Guayaba, denunciando que […]

today7 junio, 2024

Actualidad

O mercado Medieval de Padrón abre cunha cifra récord de postos de artesanía e un gran ambiente nas rúas

A presenza de máis de 120 artesáns, actuacións en vivo, os obradoiros e os espectáculos de lume converten a vila no referente cultural e festivo durante esta fin de semana A actuación da banda de Xoán Curiel abriu este venres o novo programa Solpores Musicais que mestura historia, patrimonio e arte Padrón. 06-07-2024.- O Concello de Padrón inaugurou este venres o Mercado Medieval, unha cita que durante tres días trasladará ata o medievo á capital da comarca do Sar. Cunha […]

today7 junio, 2024

Actualidad

Gonzalo Rodríguez, entrenador del ‘Obra’: “Quiero un equipo que emocione e ilusione»

O Monbus Obradoiro presentou ao que será o seu primeiro adestrador na tempada 2024/2025. Gonzalo Rodríguez compareceu, por primeira vez, ante os medios arroupado polo presidente do club, Raúl López, e o director xeral, Héctor Galán. https://youtu.be/1JQbdH7SVoA?si=WRhXFU8apMfR8zTu O novo técnico do Monbus Obradoiro amosouse encantado do novo rol que ocupará: “Quero transmitir o meu sentimento principal que é agradecemento para as persoas que decidiron confiar en min para este reto que temos por diante, para os adestradores e xogadores cos […]

today7 junio, 2024

Actualidad

Tato López, o cantautor detrás da Casa da Trova, un espazo de arte único en Galicia

Este xoves participaba nos micrófonos de Radio Líder Santiago o cantautor Tato López, resposable da Casa da Trova, unha escola de música situada en Santiago de Compostela e que destaca por ser un espazo único de formación en guitarra, voz e composición de cancións.  Este centro ofrece unha formación integral que inclúe técnica vocal, harmonía, guitarra, ukelele e diversas disciplinas relacionadas co mundo da canción. A filosofía principal da Casa da Trova é converterse nun lugar onde todos poidan aprender […]

today6 junio, 2024

Actualidad

O PSOE compostelán dubida en apoiar a ordenanza das VUT

Denuncia que a alcaldesa contaba con un informe previo que xa advertía da imposibilidade de incluír os usos preexistentes: “por que a alcaldesa non informou cando tivo coñecemento de ese informe?” Reclámalle celeridade a Sanmartín na declaración de Santiago como zona residencial tensionada porque “a política de vivenda non só se pode basear en anuncios e intencións” Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2024. Trátase dun “texto inacabado e reiterativo”, con estas palabras saíu este xoves ao paso o […]

today6 junio, 2024

Actualidad

O Camiño Marítimo da Ría de Muros Noia, quintuplica o gasto medio por peregrino en Galicia

Alcaldes dos concellos nos que recala esta travesía náutica reúnense no R.C. Náutico de Sanxenxo cos seus homólogos da Ría da Estrela O consumo medio por turista nesta ruta xacobea é de case 400 euros/día, o que quintuplica ao do turista/peregrino medio en Galicia 06 de xuño de 2024.- O Real Club Náutico de Sanxenxo acolleu unha reunión de traballo dos Concellos involucrados na implantación do Camiño Marítimo da Ría de Muros Noia, que se está a converter na referencia […]

today6 junio, 2024

Actualidad

A Ulla Viva e Baixo Ulla Vivo conmemoran o Día do Medio Ambiente ao berro de Altri NON!

No decorrer do mesmo houbo actuacións musicais e leuse un manifesto de rexeitamento da macrofactoría Os colectivos A Ulla Viva e Baixo Ulla Vivo organizaron na tarde do día de onte 5 de xuño, co gallo do Día do Medio Ambiente, un acto reivindicativo na ponte medieval de Pontevea, para amosar o rexeitamento á instalación da anunciada megafactoría de produción de celulosa que Altri e Greenalia promoven en Palas de Rei. Estes dous colectivos naceron en datas recentes nos concellos […]

today6 junio, 2024

Actualidad

O GES de Brión estrea un camión autobomba valorado en 259.300 euros

O alcalde de Brión agradeceu a achega da Xunta pero lembrou que “é difícil manter un servizo como o GES, que actúa tamén noutros municipios que deberían implicarse máis na súa financiación” 6 de xuño de 2024. O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta mañá nunha entrega de equipamento aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) de brión e de Monterroso: un camión Bomba Rural Pesada (BPR), que suman unha achega de máis de 518.600 euros, uns […]

today6 junio, 2024

AD
0%