Silleda convoca tres prazas de socorrista
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes dende o venres 7 ata o martes 11 de xuño Silleda. 6-6-2024.- O Concello de Silleda saca a concurso tres prazas de socorrista para cubrir a campaña de verán nas piscinas municipais de Silleda e Bandeira. As solicitudes poderán facerse dende mañá, venres 7 de xuño, ata o martes 11 de xuño presentando a documentación no Rexistro Xeral ou a través da sede electrónica. Silleda abre deste xeito unha bolsa de emprego […]