«Imos seguir crecendo, e mais, moita xente de Santiago vén de compras e aos bares a Ames»
Blas García, alcalde do Concello de Ames, fixo balance recentemente do seu primeiro ano de goberno nunha entrevista en Radio Líder Santiago, destacando un ano intenso de moito traballo. A decisión máis importante que tiveron que tomar foi se gobernar co BNG ou en minoría cos oito concelleiros do PSOE. Finalmente, decidiron gobernar en solitario despois das experiencias vividas nos últimos dous mandatos de goberno cos nacionalistas. Tamén lembra que a metade do grupo de goberno é novo en política […]