Compostela Aberta denuncia a «actuación desproporcionada» da Policía na manifestación a prol de Palestina
A forza política Compostela Aberta expresou onte o seu rexeitamento ante a actuación policial que tivo lugar durante a manifestación convocada pola "Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina" en Santiago de Compostela. A mobilización, que se desenvolveu a pesar das adversas condicións meteorolóxicas, foi considerada un éxito de participación, pero quedou ensombrecida por incidentes protagonizados por axentes da Unidade de Intervención Policial (UIP) da Policía Nacional. Nos vídeos difundidos, pódese observar o que Compostela Aberta cualifica como unha "actuación desproporcionada" […]