Este xoves arranca Santiago(é)Tapas con 68 propostas de 42 locais a concurso
Un total de 68 propostas de 42 locais composteláns poderán degustarse desde o vindeiro xoves, 13 de febreiro, cando comece o XVI Santiago(é)Tapas, o concurso que organiza Turismo de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña. Son dous establecementos de hostalaría e sete tapas máis das que se presentaron na pasada edición do certame. Estes locais están distribuídos en sete rutas ou (é)Tapas que levan nomes dos Camiños de Santiago: CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA: La Morena / A Lareira / Lusco & Fusco […]