A alcaldesa de Santiago convoca os concellos vinculados á gratuidade da AP-9 para sumarse a iniciativa
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, convoca os concellos vinculados ou atravesados pola AP-9 co obxectivo de impulsar unha postura conxunta a prol da gratuidade desta infraestrutura que vertebra o Eixo Atlántico. A rexedora compostelá recalca que se trata dunha cita para todos aqueles concellos que se sintan apelados, de maneira que está aberta a quen queira participar, e fixou a reunión para as 12.00 horas do próximo 7 de marzo no Pazo de Raxoi. Na misiva enviada aos concellos, […]