AD

Mes: marzo 2025

240 Resultados / Página 11 de 27

Fondo
AD

Actualidad

Atención Santiago: últimos días para votar nos Orzamentos Participativos de Xuventude

O próximo luns, 24 de marzo, remata o prazo para votar nos Orzamentos Participativos na área de Xuventude, nos que os mozos e mozas poden decidir o destino de 100.000 euros do presuposto municipal. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, fixo unha chamada á participación, para elixir entre o máis dun cento de propostas presentadas nesta edición do programa Compostela Decide. Na fase de propostas dos Orzamentos Participativos de Xuventude recolléronse un total […]

today20 marzo, 2025

Comarca

Carlos Blanco será o pregoeiro da 31ª Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces

“O humor é a miña ferramenta para mirar a vida, e así darei caña ao galo de curral como o chulito da festa” A cita será o 24 e 25 de maio na Praza do Concello, con tradicional degustación do galo, o Festival de Bandas de Música e unha gran variedade de actuacións musicais Vila de Cruces, 20 de marzo de 2025 (Vía Láctea Comunicación).- O Concello de Vila de Cruces presenta o cartel da 31ª Festa Gastronómica do Galo […]

today20 marzo, 2025

Comarca

As Carrilanas de Esteiro cancelan a súa edición de 2025

A Asociación Garrilanas Esteiro anunciou a cancelación do Gran Prix de Carrilanas e do Festival das Carrilanas 2025 por falta de respaldo do Concello de Muros. Nun comunicado oficial, lamentan que, tras 16 anos organizando o evento, non conten coas garantías administrativas, legais e económicas necesarias para a súa continuidade. O festival, recoñecido como Festa de Interese Turístico Nacional en 2021, aspiraba a obter o selo de Interese Turístico Internacional, consolidándose como un referente cultural e económico para a comarca. […]

today19 marzo, 2025

Comarca

Regueira destaca en Padrón “o gran potencial deste concello de especial relevancia turística”

O vicepresidente, Xosé Regueira, visitou o concello de Padrón, onde se reuniu co alcalde, Anxo Rei Arca "Padrón é un concello que alberga elementos que o converten nun territorio moi interesante no escaparate turístico do país" sinalou o vicepresidente O concello de Padrón acolleu a visita do vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, que se reuniu co alcalde, Anxo Rei Arca, para abordar diferentes cuestións relacionadas co turismo no municipio. Regueira interesouse por algúns "elementos que Padrón alberga e que están […]

today19 marzo, 2025

Actualidad

Boiro medra porque «está de moda»: o alcalde anuncia 1.000 novas vivendas á beira do mar

José Ramón Romero analiza en Radio Líder os retos e avances do concello e confirma a súa presenza na protesta contra Altri O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, participou nunha entrevista en Radio Líder Santiago onde abordou os principais retos e proxectos do municipio. Durante a conversa, fixo balance da súa xestión, defendendo a mellora da situación financeira, o impulso á vivenda e ao polígono industrial e a aposta por servizos de calidade para os veciños. Ademais, reafirmou a […]

today19 marzo, 2025

Actualidad

Capitol estrea nova imaxe con motivo do seu 90º aniversario

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2025 – A histórica sala Capitol celebrou hoxe o seu 90º aniversario cunha presentación especial que destacou a súa relevancia como espazo cultural en Santiago e revelou a nova imaxe gráfica conmemorativa, creada pola ilustradora galega Rebeca Losada. O evento contou coa presenza de diversas personalidades do mundo da cultura e a política, quen compartiron lembranzas e desexos para o futuro da emblemática sala. Unha historia que forma parte da cidade "Capitol é […]

today19 marzo, 2025

Actualidad

Nace Plataforma Galega Vivenda XA!: «A vivenda xa non é un fogar, senón un luxo»

O colectivo reclama medidas urxentes para garantir o acceso á vivenda digna e critica a inacción das administracións públicas O acceso á vivenda converteuse nun dos grandes problemas sociais de Galicia, afectando tanto á mocidade como ás familias e persoas en situación de vulnerabilidade. O incremento dos prezos do alugueiro, a falta de vivenda pública e a proliferación de pisos turísticos son algúns dos factores que están a complicar a situación. Ante esta realidade, un grupo de cidadáns decidiu dar […]

today19 marzo, 2025

Comarca

Citan na Estrada aos propietarios de 216 parcelas que serán expropiadas para ampliar a autovía AG-59

O Concello ten todo preparado para a instalación no Teatro Principal da unidade técnica que atenderá os afectados, entre o luns e o xoves. De luns a mércores a atención será de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00. O xoves o servizo só estará operativo pola mañá. Os propietarios teñen que acudir acompañados da documentación que acredite a súa identidade persoal e a titularidade sobre os bens afectados. A Estrada, 19 de marzo de 2025.- A Xunta de […]

today19 marzo, 2025

AD