AD

Actualidad

43 novos talentos da moda amosan as súas propostas na Cidade da Cultura

today28 febrero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • O xoves 29 de febreiro Despunte celebra a súa XIII Edición, presentada por Diana Nogueira, no Museo Centro Gaiás
  • Despunte adquire formato Gala e por primeira vez, expoñense os tres mellores proxectos fin de estudos do resto das especialidades que tamén se imparten na Escola (Deseño de Produto, Fotografía, Técnicas Escultóricas e Xoiaría Artística) paralelamente ao desfile
  • Ciclo Formativo de Grao Superior en Xoiaría Artística participará con pezas escultóricas adaptadas ao desfile, realizadas no marco da Mostra de Encaixe de Camariñas

Santiago de Compostela, 28 de febreiro.- A EASDMM é estes días un fervedoiro de actividade pola proximidade  da celebración de Despunte, unha Gala no que toda a Escola está implicada dalgún xeito.

O xoves a partir das 19 horas os futuros nomes do deseño de moda galego demostrarán o seu bo facer sobre unha pasarela montada para a ocasión no Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Despunte abrangue as coleccións de 25 Traballos Finais de Estudos do alumnado que ven de graduarse. O obxectivo principal de facelo en formato desfile é presentar esta nova remesa de talento a representantes do eido profesional. Esto permite a todo o alumnado vivir dende dentro a experiencia da organización dun desfile (deseñar e confeccionar as pezas, o fitting cos modelos, a integración nunha coreografía, enfrontarse ao público e tamén á prensa…). A temática dos Traballos Finais é totalmente libre: a inspiración histórica e literaria (como a fusión entre a arte e a cultura da América precolombina, ou a obra de William Shakespeare “Romeo e Xulieta”), mestúrase coa tradicional, cotiá e social, xa sexa por exemplo a través da reiterpretación do traxe tradicional galego ou de relatos intimistas que narran historias persoais dos máis achegados, nais, avoas…

Tamén a morte e o loito terán presencia na pasarela, así como a desigualdade social ou a loita de clases… en contraposición con temas mais desenfadados de tipo conversacional, como as glamourosas noites do famoso Studio 54 de NY.

Nestas 13 edicións, Despunte xa trascendeu o específicamente académico para evolucionar de xeito natural a unha Gala con entidade propia que, ademáis dos desfiles e a entrega de premios, inclúe por primeira vez a exposición dos traballos de outras especialidades.

Esta Gala, na que se verán un total de 157 looks, toma o nome de Despunte, xa que o obxectivo principal da cita é a presentación do alumnado recén titulado. Con todo, sobre a pasarela tamén veremos a sección Miscelánea, composta por 18 microcoleccións e proxectos desenvolvidos no 3º curso da titulación do Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Moda. A temática destes proxectos é libre. A única premisa é que se realice unha manipulación téxtil de acordo coa temática seleccionada polo alumnado. Esta manipulación pasa por bordados, estampados, acolchados, entre outros, colaborando con artesáns, ou realizados polo propio alumnado.

Ademais, á escolma dos traballos desenvolvidos dentro do Ciclo Superior de Xoiaría Artística que xa participaron en anteriores edicións, este ano haberá unha pequena exposición cunha escolma dos mellores proxectos finais desenvolvidos no resto de especialidades impartidas na EASDMM (Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Produto, Ciclo Formativo de Grao Superior en Fotografía, Ciclo Formativo de Grao Superior en Técnicas Escultóricas e o Ciclo Formativo de Grao Superior en Xoiaría Artística). Para que o público poda gozala, as portas abriranse ás 18h (unha hora antes do comezo do desfile).

Máis de 7.000€ en premios

Un ano mais, a Gala conta cun importante apoio do tecido empresarial galego.  Nesa mesma mañá desprazarase ata a Cidade da Cultura unha representación do equipo de RRHH de Textil Lonia (principal patrocinador do desfile) e doutras empresas para levar a cabo unha xornada de talent recruitment.

Roberto Verino dará o Premio Despunte ao Mellor Traballo Fin de Estudos do Grao en Deseño de Moda, dotado con 1.500€; Naf Naf Santiago e Aquelando Eventos darán o Premio Miscelánea ao Mellor Proxecto de Moda de 3º curso do Grao en Deseño de Moda, dotado con 500€; Artesanía de Galicia otorgará o Premio Despunte ao Mellor Proxecto Final do Ciclo Superior de Técnicas Escultóricas, dotado con 500€, tamen o Premio Despunte ao Mellor Proxecto Final do Ciclo Superior de Xoiaría Artística, dotado con 500€, así como o Premio Fusión Artesanía e Moda, dotado con 1.000€, e Signus Ecovalor dará o Premio ao Mellor Proxecto Sostible de tódalas especialidades, dotado con 1.000€

Galicia de Moda entregará o Premio á Mellor Colección Modiña (consiste en una editorial de moda co proxecto gañador desta categoría e a súa posterior publicación na revista e a participación na vindeira edición do programa Modiña); a Axencia Galega de Innovación otorgará o Premio Despunte ao Mellor Traballo Fin de Estudos do Grao en Deseño de Produto, dotado con 1.500€; o Colexio Oficial de Xoiaria patrocina o Premio Fusión Encaixe de Camariñas e Xoiaría (consistente no colexiado durante 2 anos para a persoa gañadora) coa colaboración da Mostra do Encaixe de Camariñas; González Almacén patrocina o Premio Despunte ao Mellor Proxecto Final do Ciclo Superior de Fotografía, dotado con 500€ e o Galteo, Departamento de Dinamización da Lingua Galega da EASD Mestre Mateo otorga un Premio «A Lingua da túa Terra» ao Mellor Proxecto que pon en valor a lingua e cultura galegas dotado con 200€.

Nesta Gala non só están implicados os alumnos Deseño de Moda ou Xoiaría Artística, o alumnado do Ciclo Superior de Fotografía (que se imparte na propia EASD Mestre Mateo) encargarase de cubrir gráficamente o evento. Redondeando a interdisciplinariedade dun desfile real, tamén colabora o alumnado do Ciclo Formativo de Imaxe Persoal do Centro Integrado de Formación Profesional Someso, asistindo no peiteado e maquillaxe das/os modelos.

Tamón o alumnado de cursos inferiores participa en actividades varias da organización, de xeito que ó rematar á carreira un alumno ten unha visión global do que supón a organización destes eventos, non só o traballo de dentro do backstage, senon todo o que acontece ao redor da pasarela.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%