AD

Actualidad

«A actual programación do Apóstolo resta afluencia ao Día do Traxe»

today19 julio, 2025

Fondo
share close
AD

A Asociación do Traxe Galego celebra o seu 30 aniversario cun formato renovado para visibilizar a tradición e implicar máis á cidadanía

O Día do Traxe Galego, un dos actos centrais e máis simbólicos das festas do Apóstolo, vivirá este 2025 unha edición especial co gallo do 30 aniversario da Asociación do Traxe Galego. A principal novidade será a saída simultánea desde as sete antigas portas da cidade de Santiago, coa intención de involucrar a máis veciñanza e visitantes nun desfile coral, musical e con cor.

“Este ano queriamos facer algo distinto, e por iso decidimos saír dende as sete portas antigas de Compostela, para que a xente se reparta e participe sen necesidade de anotarse. Se tes un traxe, vístete e vai á porta que queiras”, explicou Consuelo Vázquez, presidenta da Asociación. A cita será o domingo, cunha saída conxunta arredor das 12:15 h, que culminará na Praza do Obradoiro e continuará cunha ofrenda e a recepción institucional, esta vez nos Taldorreis Católicos debido ás obras no Pazo de Raxoi.

A partir das 16:00 h terá lugar o tradicional concurso de traxes na Hospedería de San Martín Pinario e, desde alí, sairá un pasacalles ata a Praza da Quintana onde se entregarán os premios. A entidade, que traballa con reproducións baseadas en traxes históricos cedidos por particulares, fai un chamamento para visibilizar o traxe galego non só en datas sinaladas. “Gustaríanos que o traxe se vise máis a cotío, como acontece noutras comunidades”, reivindicou Aurelio Gianzo, vicepresidente da asociación.

“Hai menos afluencia porque non hai artistas de renome, pero é unha aposta polo local”

A presidenta e o vicepresidente da Asociación do Traxe Galego tamén valoraron a programación xeral das festas do Apóstolo 2025, destacando que a aposta polas propostas culturais locais ten un valor importante, aínda que recoñecen que reduce o poder de convocatoria. “Hai menos afluencia porque un artista de renome trae moita máis xente de fóra”, sinalaron. Aínda así, amosáronse satisfeitos de que o traxe galego continúe a ser protagonista dentro dunha programación que quere “sacar cara polo noso”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *