AD

Actualidad

A Alameda acolle este domingo a XXIV Volta Ciclista da Ascensión

today28 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

Un ano máis volve unha cita deportiva tradicional dentro das Festas da Ascensión, a Volta Ciclista polas inmediacións da Alameda que congregará máis de 250 ciclistas na que será a súa 24 edición.

A concelleira Pilar Lueiro salientou que se trata dunha «boa oportunidade para ver bo ciclismo e seguir apostando polo deporte no marco das festas da Ascensión», ademais dunha proba que «forma parte da memoria colectiva dos composteláns e compostelás». Ademáis, Pilar Lueiro convidou á cidadanía a «animar e gozar desta Carreira» e reafirmou «o compromiso deste goberno co deporte como manifestación de desfrute colectivo que casa moi ben coas festas».

A proba consiste nun percorrido nas inmediacións da Alameda con saída e chegada na avenida de Xoán Carlos I, que contará con un tramo de 300 metros de pedra, preto do cruceiro do Galo, que dará maior espectacularidade e dureza aos participantes. En total, prevese a participación de arredor de 250 ciclistas de distintas categorías e modalidades (cadetes, junior, féminas, féminas elite/sub-23). Segundo as idades, os participantes darán media volta (categoría promesas), unha volta (principiantes), 4 voltas (alevíns), 8 voltas (infantís), 15 voltas (cadetes) e tanto júnior como elite sub-23 feminino, 20 voltas.

O horario de inicio da proba será as 10.00 h e finalizará ás 14.00 horas, cando terá lugar a entrega de premios na mesma Alameda.

CORTES DE TRÁFICO 

Por mor da carreira, o domingo entre as 09:00 e as 14:00 horas as rúas do percorrido sufrirán algunhas alteracións circulatorias. A avenida de Xoán Carlos I e a rúa da Carreira do Conde quedarán pechadas ao tráfico, polo que os vehículos que suban pola avenida de Rosalía de Castro serán desviados pola rúa de Montero Ríos. Tampouco se poderá circular pola rúa do Pombal en sentido subida, polo que os vehículos procedentes da rúa das Galeras serán desviados cara á rúa de Poza de Bar.

Ademais, quedará prohibido o estacionamento nas na avenida da Coruña, avenida de Compostela así como o estacionamento de motos na rúa Xoán Carlos I.

Desvíos no transporte urbano

Entre as 08:00 e as 14:00 horas veranse afectados os servizos de transporte urbano das liñas 1, 4, 8, C2, P1 e P2. Pode consultarse toda a información no seguinte enlace: https://www.tussa.org/mediateca/Doc/2025-06-01_Desvios_Tte._Urbano_g.pdf

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *