AD

Actualidad

A Alameda acolle unha exposición sobre as persoas refuxiadas e migrantes

today20 junio, 2024

Fondo
share close
AD

20/06/2024 Esta mañá quedou instalada na Alameda a exposición «Mira con outros ollos», impulsada desde a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas para lembrar ás persoas migrantes e refuxidas falecidas desde 1993. Trátase da mostra que xa estivera no Paseo dos Leóns en 2021, e que fora vítima de actos vandálicos. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, explicou que «recuperando esta exposición queremos lanzar a mensaxe de que o Concello de Santiago non vai calar diante do odio e da intolerancia».

Con motivo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas, que se celebra o 20 de xuño, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais visitou a mostra da Alameda, acompañada por outros membros da Corporación e por representantes da Rede Galega de Persoas Refuxiadas. María Rozas explicou que a exposición «fala das máis de 40.500 persoas migrantes e refuxiadas falecidas ata 2020, pero en só catro anos ese número medro ata os 60.600». Falamos, polo tanto, «de que cada mes morren 500 persoas, a maioría mentres intentan chegar a Europa». Para a concelleira, «estes son datos inasumibles, que mostran o fracaso das administracións públicas».

No acto, Miguel Fernández deulle lectura ao manifesto da Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas, que denuncia a difícil situación que viven millóns de persoas refuxiadas en todo o mundo por causas como as guerras, as persecucións por motivos relixiosos ou políticos, por razóns de xénero ou de orientación sexual. O representante da Rede tivo tamén un recordo para «as vítimas do xenocidio que estamos presenciando en Palestina, de milleiros de persoas que nin sequera están tendo a oportunidade de seren migrantes ou refuxiadas».

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%