AD

Actualidad

A alcaldesa de Teo ‘contundente’ tras a negativa de Santiago a ampliar a liña 6: «O informe non ten sentido ningún»

today10 junio, 2024

Fondo
share close
AD

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, criticou duramente a negativa do Concello de Santiago de Compostela a ampliar a liña 6 de autobús urbano, que actualmente chega ata o núcleo dos Tilos, ata a rotonda do Gadis de Cacheiras. Esta ampliación, proposta pola rexedora teense en agosto de 2023, pretendía conectar coa capital galega a preto de 9.000 persoas que viven nas parroquias dos Tilos e Cacheiras, facilitando os seus desprazamentos laborais e académicos.

A rexedora destacou que esta mellora sería substancial para a veciñanza de ambos concellos, reducindo o tráfico rodado cara a Santiago e favorecendo o respecto polo medio ambiente. Lucía Calvo de la Uz mostrouse perplexa ante a negativa de Santiago, lembrando que o propio Concello compostelán anunciou recentemente unha liña que une tres concellos (Santiago, Ames e Oroso) cunha frecuencia de 30 minutos, algo que «celebra». Ademais, subliñou que o custo da ampliación ata Cacheiras sería asumido polas arcas municipais de Teo, polo que non suporía un problema orzamentario para Santiago.

Ante esta situación, a alcaldesa anunciou a implementación dunha liña piloto dun bus lanzadeira que conectará os núcleos da Ramallosa, Cacheiras e Montouto coa liña 6 en Os Tilos, cun transbordo gratuíto para os usuarios. En declaracións en directo este luns nos micrófonos de Radio Líder Santiago, Calvo de la Uz lamentou a tardanza na resposta do Concello de Santiago a unha solicitude que se formulou hai case un ano e cuestionou os cálculos que fixan o custo da ampliación en 1,8 millóns de euros. A rexedora teense afirmou que «non é razoable o tempo de espera» e tamén puxo en dúbida a necesidade de comprar un novo autobús e contratar cinco condutores adicionais, como sinala o informe do Concello de Santiago, insistindo en que a ampliación sería de apenas dous quilómetros e medio e cinco minutos máis de percorrido. «Non ten sentido ningún», conclúe.

A entrevista completa, no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%