Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today17 abril, 2024
7/04/2024.- A alcaldesa Goretti Sanmartín, acompañada do concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, e da concelleira de Medio Rural, Pilar Lueiro, mantiveron un encontro con veciñanza do lugar do Viso durante unha visita á zona onde analizaron as necesidade de mellora de pavimentación, seguranza viaria e a canalización de augas pluviais, entre outros temas
Durante a visita informaron de que o programa de asfaltados do Servizo de Proxectos e Obras inclúe a rúa das Casas da Hedra e a travesa das Casas da Hedra, cun investimento por valor de 27.556 euros (máis IVE), con actuacións previas e reparación de firmes. Ademais, valoraranse outros tramos que se estimen prioritarios nesta zona.
A veciñanza reclamou unha mellor coordinación dos espazos de estacionamento durante eventos deportivos no Multiusos Fontes de Sar, para evitar a presenza de vehículos en lugares non habilitados para aparcar no Viso, ao que se buscará unha alternativa.
En canto aos asolagamentos provocados logo das obras de ampliación da AP-9 e da Cidade da Cultura, pola falta de canalizacións de auga cando chove, xa se lle trasladou á Xunta que debe facer as obras que lle corresponden para a recollida de pluviais.
Ademais, estudarase a posibilidade de instalar un parque infantil en función da existencia dunha parcela que sexa apta para esta dotación e da dispoñibilidade orzamentaria.
Written by: Líder Redacción
compostela o viso radio lider santiago Reunion santiago veciños
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)