AD

Actualidad

A amesá Olivia Parga, medalla de ouro na IV xornada da Liga Galega de karate

today24 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

Obtivo a medalla de ouro na categoría kumite xuvenil

Recentemente participou no Campionato de España de Karate celebrado en Guadalaxara, no que logrou a medalla de bronce en kumite xuvenil en 37 kg

Actualmente ocupa o cuarto posto no ranking nacional

Ames, 24 de maio de 2024.– O pasado sábado, 11 de maio, celebrouse en Ribadavia a cuarta xornada da Liga Galega de Karate. Nesta cita, a deportista amesá Olivia Parga obtivo a medalla de ouro na categoría kumite xuvenil.

A pasada semana, a deportista de Milladoiro Olivia Parga Garcia gañou a medalla de ouro na IV xornada da liga galega de karate. Ademais, desprazouse ata A Coruña para participar na participar na Karate 1 Youth League, a liga mundial de karate.

Así mesmo, recentemente participou no Campionato de España de Karate celebrado en Guadalaxara, no que logrou a medalla de bronce en kumite xuvenil en 37 kg, sendo unha das tres deportistas que alcanzou o metal de toda Galicia.

Parga, que actualmente ocupa o cuarto posto no ranking nacional, conseguiu no pasado mes de febreiro a medalla de ouro na I xornada da Liga Nacional celebrada en Avila. Nos últimos tres anos foi campioa galega en kumite xuvenil.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *