AD

Actualidad

A AP-9, escenario de novo de dous accidentes consecutivos en Santiago

today30 enero, 2026

Fondo
share close
AD

A tarde deste xoves estivo marcada por dous accidentes de tráfico na AP-9 ao seu paso por Santiago de Compostela, ambos rexistrados con apenas uns minutos de diferenza.

O primeiro deles produciuse pasadas as seis e media da tarde no quilómetro 67 da autoestrada, á altura de San Lázaro. Segundo informou unha persoa particular ao 112 Galicia, o vehículo saíuse da vía, bateu contra a mediana e deu varias voltas de campá, resultando ferida a persoa que o conducía.

Tras recibir o aviso, o 112 Galicia mobilizou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros de Santiago, aos efectivos de Protección Civil e ao persoal do servizo de Autoestradas.

Pouco antes, ás 18:20 horas, produciuse un segundo accidente tamén na AP-9, no quilómetro 73, á altura do Castiñeiriño. Nun primeiro momento indicouse que non había persoas feridas, pero durante a comunicación co 112 solicitouse finalmente asistencia sanitaria para unha das ocupantes do vehículo.

Neste segundo suceso tamén foron alertados o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local, os Bombeiros da cidade, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e o persoal de control da autoestrada.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *