AD

Actualidad

A asociación compostelá ASPAS, campioa nacional de fútbol sala de nivel 2

today17 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

O equipo de fútbol sala da Asociación ASPAS de Santiago de Compostela proclamouse campión de España de Nivel 2 no Campionato Nacional de Fútbol Sala, celebrado esta fin de semana en Ourense e organizado por Special Olympics Galicia.

Desde a entidade compostelá destacan o valor do logrado polos seus deportistas e comparten a súa alegría: “Un orgullo enorme polo esforzo, o compañeirismo e a ilusión que demostraron en cada partido”.

Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (ASPAS) agradeceu tamén o apoio recibido desde as bancadas e recoñeceu o labor organizativo de Special Olympics Galicia. A asociación lembra que o deporte é, para eles, unha ferramenta de inclusión, superación e alegría, valores que o equipo puxo en práctica durante toda a competición e cos que lograron facer historia.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *