AD

Actualidad

A Asociación Veciñal Raigame convoca unha reunión urxente para abordar as pelexas multitudinarias na Zona Nova

today9 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

A Asociación de Veciños Raigame do Ensanche convoca unha reunión veciñal o luns 13 de outubro ás 20:30 horas no Centro Sociocultural do Ensanche para tomar medidas contra as recientes batallas campais rexistradas na Zona Nova de Santiago de Compostela.

Segundo explica a asociación, recentemente teñen acontecido varias pelexas multitudinarias a altas horas da madrugada que teñen alarmado á veciñanza. O pasado xoves 2 de outubro, arredor das 6:00 da mañá, aconteceu unha pelexa multitudinaria no entorno da Praza Roxa e República do Salvador, con moitas persoas implicadas, que fixo necesaria a intervención de varias patrullas policiais e ambulancias.

Poucos días despois, o sábado 4 de outubro, arredor das 5:00 da mañá, tivo lugar unha segunda pelexa multitudinaria no entorno da rúa Nova de Abaixo, ás portas dun coñecido local de ocio nocturno, na que se viron implicadas máis de 20 persoas e que obrigou á intervención de varias patrullas e ambulancias con numerosos feridos, segundo relatan os veciños.
Unha hora despois, arredor das 6:30 da mañá, tivo lugar outra pelexa no entorno doutro local de ocio nocturno, cuxo propietario tamén o é do anterior local. Nesta liorta agrediron a unha muller, que non presentou denuncia. Segundo relatan os veciños presentes, as persoas implicadas ameazáronse con botellas cortadas en plena rúa, e non acudiu ningunha patrulla policial.

A asociación indica que se presencian pelexas un día si e outro tamén arredor de determinados locais de ocio nocturno, e que as persoas implicadas ameázanse con navallas. Lembran que hai dous anos morreu unha persoa ás portas dun destes locais, e pouco tempo despois feriron a outra persoa ás portas doutro local en Santiago del Estero. Engaden que moito se temen que calquera día haxa que lamentar outra desgraza.

No comunicado tamén se alerta da presenza de trapicheo de droga e de determinados pisos e locais de distribución neste entorno, que —aseguran— contribúe a aumentar a violencia que se expresa nestas batallas campais, nas que incluso se chega a agredir aos propios axentes e a veciños.

Dende AV Raigame considérase necesario visibilizar estes problemas para que as autoridades competentes poñan solución.
O texto engade tres apartados de actuación:

  • Dende as Comunidades de Propietarios, actuar contra aqueles pisos e locais que alteren a convivencia.

  • Dende o Concello, non autorizar máis licenzas de discotecas e afters en zonas residenciais e adiantar o horario de peche ás 4:00 da mañá.

  • Dende o Consello de Relacións Veciñais, canalizar as demandas xunto con outras asociacións veciñais cos mesmos problemas, como acontece na Zona Histórica ou en San Lourenzo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *